A Deputación provincial da Coruña colaborou ao longo do 2020 cos Servizos Sociais do Concello de Valdoviño mediante unha achega cercana aos 67.000 euros para o financiamento do servizo de axuda no fogar na modalidade de libre concorrencia e máis para cubrir gastos de persoal do departamento. En concreto, 40.000 euros destináronse a financiar a contratación dunha persoa auxiliar administrativo e unha técnica de Educación Social. E os outros 26.530,80 euros permitiron ofrecer 2.210,90 horas de atención a través do Servicio de Axuda no Fogar.
Estas partidas cubriron practicamente o 50% dos custes das citadas contratacións e o 70% das horas do servizo na modalidade de libre concorrencia. As axudas sinaladas inclúense no Programa de Financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais no ano 2020, convocado ao abeiro do Decreto 99/2012 do 16 de marzo, que regula os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, e que no seu artigo 31 establece que as Deputacións proporcionarán asistencia económica, técnica e xurídica aos concellos con menos de 20.000 habitantes na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios e o Decreto 148/2014 polo que se modifica o Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.