O BNG pedirá no pleno que a transformación do buque ‘Galicia’ se realice en Ferrol

Iván Rivas e María do Mar López en rolda de prensa antes da pandemia | Adán Puentes

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG no Concello de Ferrol, defendeu esta mañá que a transformación do buque civil de transporte ‘Galicia’ se realice nos estaleiros da ría e avanzou que o BNG defenderá esta proposta por medio dunha moción que se debatirá no pleno municipal de fin de mes.

Iván Rivas demanda un compromiso «firme» da corporación municipal porque «ninguén na cidade entendería un posicionamento tibio ao respecto dada a actual situación de baleirado de gradas dos estaleiros«.

O BNG salienta que esta obra significararía para os estaleiros da ría «un considerable volume de traballo, dentro do departamento de reparación en todas as súas vertentes: enxeñaría, aceiros, habilitación e sistemas que se precisan a transformación deste buque para adaptalo a súa nova ocupación«. Segundo calculos realizados estes traballos «poden supor no seu conxunto máis de 8 meses de traballo o que sen dúbida, sería unha importante obra para paliar a falta de carga de traballo que padecen os estaleiros de Ferrol e suporía ocupación durante estes meses para un importante número de traballadores e traballadoras, nomeadamente da industria auxiliar«.

O buque civil ‘Galicia’, foi adquirido polo Ministerio de Defensa co obxectivo de transformalo nun buque de transporte loxístico para o Exército de Terra, co fin de destinalo a transporte de medios rodados, tras dar de baixa os dous buques que prestaban este servizo.

O BNG comparte a idea que que na actualidade «non existe ningunha razón técnica nin económica para que este proxecto non se realice nas instalacións de Navantia na ría de Ferrol«. Como se ten indicado, tamén, lembrar que o departamento de Reparacións de Ferrol ten presentado unha oferta para a súa realización, «polo que estamos diante dunha decisión estritamente política a decisión de onde se transformará este buque«.

Lea también

Los trabajadores de Navantia Ferrol votaron paralizar los trabajos de aceros de las F-110

Los operarios de Navantia Ferrol han aprobado este miércoles, mediante un referéndum con voto en …