Narón-Efectivos do Speis continúan realizando tarefas de mantemento nos viais do termo municipal debido ás baixas temperaturas

Esparcidora de sal

Profesionais do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón, continúan realizando tarefas de mantemento nos viais do termo municipal debido ás baixas temperaturas rexistradas nos últimos días. Nalgunhas vías da zona rural e urbana da cidade acumúlase a xeada, o que representa un perigo para o
tránsito de vehículos e tamén para o paso de persoas.

O concelleiro responsable do Speis, Román Romero, explicou que “os traballos que se levan a cabo teñen unha finalidade preventiva, para evitar posibles riscos
precisamente por esas baixas temperaturas naquelas zonas que así o precisan, sendo os propios profesionais do Speis os que valoran as necesidades de actuación en cada xornada”.

Para avanzar nestas tarefas, ao traballo que xa vén realizando o persoal do Speis esparcindo en determinados puntos produtos que provoquen un aumento térmico para evitar o xeo súmase agora o que se leva a cabo cun remolque esparcidor de sal que se acopla a un dos vehículos do servizo e que permite realizar esta tarefa dun xeito máis rápido e chegar a máis zonas de risco. O concelleiro naronés explicou que “ten unha capacidade de 400 kilos e esparce nunha distancia de entre 1 e 16 metros, o que supón un avance importante á hora de poder chegar antes a cada punto no que se preciseactuar”. “A través deste sistema reduciremos o perigo que representa o xeo, e
no caso de producirse tamén as nevadas, nos viais do termo municipal”, asegurou o edil.

Romero incidiu en que “aínda realizando este tipo de traballos é preciso que tanto os condutores como os peatóns extremen ao máximo as precaucións ante este tipo de situacións meteorolóxicas adversas”.

 

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …