(Xosé Ferreiro) Cuarto triunfo ligueiro do O Esteo tras unha moi traballada vitoria, 2-1, no derbi, ante o Cidade de Narón.
Nun encontro con ocasións para ambos bandos, máis do lado local, adiantaba Cokito aos ponteses antes do descanso tras varios regates e un forte disparo dende fóra da área.
Trala reanudación, despois dunha xogada de estratexia, Jhony, libre de marca dentro da área, facía o segundo, pero os visitantes sempre venden cara a súa derrota na Fraga e Brais, de tiro cruzado moi axustado ao pau tras saque de falta, recurtaba distancias.
De aí ao final non se moveu o marcador e os locais lograban tres importantes puntos que os sitúan terceiros con 13, empatados co segundo clasificado Ventorrillo, mentres os naroneses son sextos con 7.
Con este partido, ambos equipo rematan o 2020. Os ponteses comezarán o novo ano visitando ao Estrada Futsal, mentres os outros farano cun derbi ante O Parrulo B.
O ESTEO FS. Javichu, Héctor, Troncho, Rubi, Jacobo – Jhony, Cokito, Aitor, Alberto.
CIDADE DE NARÓN. Niceto, Otero, Vázquez, Brais, Iván – Buján, Guillermo, Rubén.
GOLES. 1-0, Cokito (17´). 2-0, Jhony (24´), 2-1, Brais (28´).
Árbitros: Feliz Otero, Otero Mira, Fernández Dacosta (Ourense). Amarelas a Troncho, Javichu.
Incidencias: Pavillón de A Fraga. Uns 50 espectadores.