O teatro Jofre acollerá mañá a presentación da Fotobiografía Sonora de Carvalho Calero

O teatro Jofre de Ferrol acollerá mañá, ás 20.30 horas, a primeira presentación en Galicia da Fotobiografía Sonora ‘Carvalho Calero sen fronteiras’, unha publicación multimedia de Arraianos Producións, dirixida por Aser Álvarez e coa banda sonora orixinal de Moisés Quintas, impulsada pola Xunta e coa colaboración do Concello de Ferrol. As invitacións pódense retirar mañá na billeteira do Jofre a partir das 18 horas (máximo, 4 por persoa).

O acto de presentación na cidade natal de Ricardo Carvalho Calero vai contar coa presenza do autor da banda sonora orixinal do proxecto, que interpretará varios temas musicais antes da proxección dunha curtametraxe documental que fará un breve percorrido poético e musical pola vida e a obra do escritor.

Lea también

La SAF presenta un nuevo número de Poesía Galicia y entrega sus premios literarios

Este sábado día 23 en un acto previsto para las 12.00 horas,  la Sociedad Artística …