O BNG pide ao goberno local que atenda os requerimentos da valedora a instancias de SAF Galiza

Iván Rivas e María do Mar López en rolda de prensa antes da pandemia | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol afea o goberno local que non atenda os requerimentos feitos pola Valedora do Pobo diante da queixa presentada pola Plataforma de traballadoras e traballadores do Servizo de Axuda no Fogar (S.A.F. Galiza) con respecto a garantir que as tarefas desenvolvidas polas persoas traballadoras sexan as que corresponden ao seu traballo.

Maria do Mar López, concelleira do BNG, lamenta que o goberno municipal «estea instalado permanentemente nunha postura pouco ou nada colaboradora coa institución da Valedora do Pobo» e o insta a «non demorar o envío da información solicitada reiteradamente pola Valedora do Pobo en relación coas demandas da plataforma SAF Galiza«.

En concreto trátase de que o Concello informe a oficina da Valedora tanto das medidas que ten adoptado con respecto a garantir que as tarefas desenvolvidas polas persoas traballadoras sexan as que corresponden ao seu traballo, en particular as recollidas nos programas de coidados aprobados polo Concello; ao control municipal para que as empresas concesionarias proporcionen ás persoas traballadoras o material adecuado, en especial os EPIs preciso para protexer a saúde das persoas usuarias, xeralmente vulnerábeis, e das traballadoras; e aos contratos públicos do servizo para coñecer se inclúen ou se prevén cláusulas para garantir o emprego digno en relación coa estabilidade do emprego a tempo completo e calquera outra mellora laboral.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …