O BNG califica de «tomadura de pelo» os orzamentos da Xunta para Ferrol en 2021

Iván Rivas y María do Mar López en rolda de prensa antes da pandemia | Adán Puentes

O BNG de Ferrol califica os orzamentos da Xunta para este 2021 como «unha tomadura de pelo» dado que no mellor dos casos os investimentos que se consignan «son os mesmos que se repiten ano tras ano e que nunca se executan«.

Para o BNG boa proba disto é que o orzamento previsto para a estación intermodal «é ridículo dado que estamos a falar de 20.000 euros que en comparación co previsto par o resto de cidades (A Coruña 4,5M/ Pontevedra 2M/ Santiago 1,5M/ Vigo 9,5M/ Lugo 1,5M/ Ourense 2M) demostra a nula intención en mellorar a mobilidade por parte da Xunta na cidade. Así mentres a Xunta destina 1 millón para a renovación de paradas en Ferrol temos pagalas os veciños e veciñas produto da sinatura do Plan de Transporte Metropolitano«.

O BNG sinala que o orzamento desta Consellería é «tan pouco creible» que dos 46 millóns previstos de investimento, 20 millóns correspóndense «coa previsión de dotación do plan de reconstrucción da Unión Europea que aínda está sen cuantificar.«

O BNG sinala que con respecto a ría «non existe un só euro previsto para desenvolver o estudo que reclaman as cofrarías sobre os fondos da ría e que permitiría acometer a súa rexeneración. Non está contemplada a súa execución nin por parte da Consellería de Pesca nin por parte da empresa a quen lle correspodería desenvolver este estudo, o Instituto Tecnolóxico para o Medio Mariño«.

En relación coa rehabilitación, o BNG destaca que o Plan Rexurbe destina 5 millóns de euros para toda a provincia de A Coruña e para a cidade de Ferrol «supón unha dimunción de fondos tan acusada que implica tal e como se recolle no convenio, aprobado polo resto de grupos políticos no pleno do 12 de novembro de 2020, pasar dos 4,43 millóns previstos no anterior convenio aos escasamente 322.750 euros do actual e destinados exclusivamente á rehabilitación de o barrio de A Magdalena e Ferrol Vello, quedando fora de toda aportación económica por parte da Xunta, Recimil, A Graña, ou Esteiro«.

En canto a Conselleria de Sanidade, o BNG sinala que a dotación prevista para o desenvolvemento do Plan Director do CHUF «estase a convertir nun clásico nos orzamentos da Xunta que nunca se executan pese a que se repite ano tras ano e o PP considerao, ano tras ano, como o gran investimento na cidade«. Fora deste proxecto eterno «non hai nada para centros de saúde, residencias de maiores ou escolas infantis«.

Xa por último, o BNG destaca que os 10.000 euros previstos para o saneamento no rural, por Augas de Galicia, demostran que o compromiso da Xunta nesta materia «é mínimo» e limítase ás obras da Malata con 0,79 millóns de euros das «que seguen excluídas o Río Sardiña«. Ademais que «seguen sen ningunha intención de reducir os custes medioambientais e económicos da súa xestión mediante transformación deste sistema de saneamento nunha rede separativa«.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …