O BNG aposta por modificar e bonificar as ordenanzas da auga, o lixo, o saneamento e terrazas

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa antes da pandemia | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol logo de participar esta mañá na xunta de voceiros para avaliar a proposta de modificación das ordenanzas fiscais presentadas polo goberno local considera que a mesma «segue na liña inicial de introducir rebaixas fiscais as grandes empresas e propietarios mentres os pequenos e autónomos agonizan«.

Para o BNG as axudas aos sectores afectados polas restricións e peches derivados da crise provocada pola covid-19 «deben ser principalmente directas, non a través dos propietarios e con exencións fiscais aos titulares das actividades afectadas«.

É por iso que o BNG considera «imprescindíbel» modificar as ordenanzas de lixo, auga e saneamento para que as bonificacións «afecten aos que máis o precisan e aplicar exencións fiscais nestas ordenanzas igual que acontece coa modificación da de terrazas e igual que aconteceu durante o primeiro estado de alarma na primavera«.

O BNG considera que a exención pola ocupación de mesas e cadeiras «é obrigada desde o venres pasado, igual que deberia acontecer cos estabelecementos de hostalería, ximnasios e outros afectados. Porque igual que non se lles podes cobrar por poñer terrazas cando non as poden poñer non se lles pode cobrar impoñer unha cuota polo subministro de auga ou recollida de lixo a un local sen actividade como se estivera plenamente funcionando. Ista situación agrávase aínda máis nos negocios de ocio nocturno que levan meses pechados por imperativo legal«.

«Lonxe deste obxectivo» o goberno local «insiste en bonificar o IAE que nesta cidade non paga ningún estabelecemento hostaleiro e en rebaixas fiscais no IBI aos propietarios quedando ao seu arbitrio tanto solicitar a bonificación como a súa repercusión no arrendado», afirman dende o BNG.

Lea también

Una joven alcanzada por un vehículo en un paso de peatones en A Gándara, Ferrol

Una joven resultó herida minutos antes de las doce del mediodía de esteviernes tras ser …