O Concello de Neda convoca axudas para o movemento asociativo

O Concello de Neda destinará unha partida de 17.000 euros a diferentes liñas de axudas en materia deportiva e cultural dirixidas ao movemento asociativo. O Boletín Oficial da Provincia publica este mércores a convocatoria, marcando o inicio do prazo de presentación de solicitudes. Poderán presentarse no Rexistro Municipal da casa consistorial a partir de este xoves, día 1 de outubro, e por espazo de 20 días naturais.

As axudas van destinadas a tres capítulos: a promoción de actividades culturais; a
promoción de actividades deportivas, e a realización de investimentos de carácter
cultural. Precisamente, a finais de xullo, Concello e asociacións acordaban reorientar
as subvencións municipais este ano, abrindo a posibilidade de destinalas tamén a investimentos. O obxectivo era facilitar o acceso ás axudas nestes tempos de covid-
19, que levaron á cancelación ou aprazamento de moitas actividades ao longo do ano. A partir de aí, iniciáronse os trámites administrativos para encaixar esta posibilidade.

Un proceso que conclúe este mércores coa publicación no BOP da convocatoria.
Asociacións e entidades interesadas poden acceder ás bases no seguinte enlace:
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2020/09/30/2020_0000006728.pdf

Lea también

Herido un camionero tras caer su vehículo por un terraplén de unos 30 metros en Cabanas (A Coruña)

Un camionero ha resultado herido en la mañana de este jueves tras caer el vehículo …