Arrancan os domingos de “Teatro en familia” en Neda

O Concello de Neda programa Teatro en Familia. Un ciclo que arrancará este domingo ás 18,30 horas coa compañía Teatro Avento Produccións e o seu último espectáculo “Ummm. Unha comedia musical para chuparse os dedos”.

A partir de entón, as funcións continuarán no salón de actos da Casa da Cultura todos os domingos ata o último do mes de outubro. O ciclo inclúese no programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia e conta tamén co apoio da Deputación provincial.

As entradas para cada un dos espectáculos terán un custe dun euro para o público
infantil e de dous para o adulto e sairán á venda a mesma semana de cada función.
Poderanse adquirir na Casa da Cultura de martes a venres de 9 a 13 e de 16 a 20
horas. Así, para a función deste domingo o prazo ábrese mañá, 22 de setembro.
Ademais, os espectáculos desenvolveranse baixo un estrito protocolo de prevención
fronte á covid-19, as prazas son limitadas e os menores deben ir acompañados
dunha soa persoa adulta por unidade familiar, deixando así máis prazas para os
máis pequenos.

O calendario completarase coas obras “Canta miña pedra, canta a cargo de Xoán Curiel e Charo Pita o domingo 4 de outubro (12,30 h); “Ela”, de Caramuxo Teatro o  domingo 11 de outubro (18,30 h), e “UP 2 DOWN” de Traspediante Danza o domingo 25 de outubro (18,30 h).

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …