Neda-Denuncian que a unificación de cursos imposta no CEIP San Isidro impide manter as distancias de seguridade

A comunidade educativa levou a cabo un acto reivindicativo na mañá deste xoves nas aulas para demandar que se cubra a vacante cun/ha mestre/a en 3º de EP

 A comunidade educativa do CEIP San Isidro de Neda realizou na mañá deste xoves un acto reivindicativo nas aulas para demandar da Consellería de Educación que cubra a praza vacante cun mestre/a en 3º de Educación Primaria.

Unha praza contemplada no catálogo de postos do centro que evitaría unificar as
aulas de 2o e 3o tal e como vén imposto dende a administración educativa. Con esa
decisión de Educación, os nenos e nenas desta aula non cumpren as distancias de
seguridade establecidas como medida de prevención fronte á covid-19.

Así o constataron este xovespais, nais, docentes e concelleiros do goberno municipal, que se uniron ao acto celebrado no centro. Cada un deles ocupou un pupitre, amosando ás claras o escaso marxe entre as mesas.

Un problema de fácil solución: a incorporación do/a mestre/a que lle corresponde ao
centro por ratio. Así mesmo, o espazo non sería un problema, xa que ao unificar
cursos unha das aulas quedou completamente baleira.

A maiores, dende a comunidade educativa non se entende esa unificación porque ademáis de agrupar diferentes cursos e idades, estase a agrupar dous niveis diferentes. Así, a carga horaria das diferentes materias non coincide. Ademais, a comunidade educativa solicita un/ha profesor/a de apoio, xa que a incorporación dun novo alumno con necesidades especiais nesa aula unificada obriga a unha atención permanente que agora deberá asumir o centro co persoal existente, e que non é suficiente.

A comunidade educativa do CEIP xa trasladou a situación á Xefatura Territorial e
continuará reiterando os seus escritos.

Lea también

La Policía Local de Ares intervino en dos incidencias en la noche del sábado

  En la noche del sábado los efectivos de la Policía Local de Ares han …