Dende o Bloque Nacionalista Galego queren expoñer que a aprobación do convenio do programa “Xantar na Casa” do Concello de Ferrol coa Xunta de Galicia, que se lles presentou no dia de onte na comisión de Benestar, «vai ser deficiente e escasa a axuda que poida traer as persoas maiores usuarias, xa que non é un programa aos que poida acollerse a maioría da cidadanía de idade avanzada da cidade«. Este convenio «non inclúe os usuarios que antes estaban vinculados aos comedores sénior nin tampouco ten unha previsión dun aumento de usuarios no futuro, algo que si se cremos debería ser incorporado.«
Nun momento de crise sanitaria e económica que estamos a padecer e mentres a apertura dos comedores sénior «está no aire«, a aprobación deste convenio «vai quedar escaso e non vai dar resposta a situación dos nosos maiores, polo que este convenio debería dar resposta a esta situación que estamos a vivir«. Para o grupo municipal do BNG «non ten sentido aprobar un convenio que non de resposta a esta situación nin se incorpore economicamente este posible aumento de usuarios«.
Así tamén o programa que nos seus epígrafes di que vai axudar a manter unha dieta saudable e equilibrada, «parece algo improbable e bastante cuestionable cando sómente se lles serve nun único día o xantar dos sete dias«.
Así mesmo a Xunta de Galicia «volve a obviar os casos de precariedade económica dos máis idosos cando non se contempla ningún tipo de subvención para as rendas máis baixas, co visto bo e prace do Concello de Ferrol«. A Xunta de Galicia «debería actualizar os seus convenios ao abeiro da situación actual que estamos a viver e poñer os medios necesarios para dar resposta as necesidades dos nosos maiores«. Así como tamén o Concello de Ferrol «debería reclamar esta actuación» á Xunta. Estes dous órganos «deberían de deixar de actuar de maneira rutineira na aprobación duns convenios, que se ben antes podían server, no momento actual non parece que vaian dar resposta as necesidades da cidadanía, polo que cremos que seria necesario a súa actualización a realidade que estamos a presenciar«.