O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, diante do acto público que o alcalde e o presidente da Autoridade Portuaria desenvolverón esta mañá, considera que, unha vez máis, «nos atopamos diante dun goberno local que traballa para resolver os problemas aos de fora no canto de defender os intereses da cidade. Un feito que se repite mandato tras mandato na nosa cidade e do que o acordo anunciado esta mañá é unha nova proba disto«.
O BNG advirte que «levamos anos sen que a Autoridade Portuaria pague os tributos municipais que lle corresponden da mesma maneira que facemos o resto de veciños e veciñas da cidade de Ferrol«. Non estan a falar de cantidades nímias «senón dunha cantidade que se achega ao millón de euros, entre 700.000 e 900.000 euros anuais, que recorrentemente se lle perdoan a esta administración pública e todo isto acontece sen que ninguén lle esixa que aboe unhas cantidades que non é que nos conceda senón que ten a obriga de pagarnos aos veciños e veciñas desta cidade«.
Para o BNG o de hoxe é un «indulto municipal que lle concede o Partido Socialista á Autoridade Portuaria e que, ademáis, o fai sen someter este acordo a ningún debate público«. Cumpre salientar que o acordo anunciado hoxe «se desenvolveu de maneira escurantista sen que se explicase publicamente nin aos grupos municipais cales eran os termos exactos do mesmo e a dia de hoxe o Bloque Nacionalista Galego aínda non ten o convenio que xustifica a rolda de prensa do alcalde, demostrando así a falla de vontade democrática e a intencionalidade de antepoñer a defensa dos intereses dun ente externo, como é a Autoridade Portuaria, no canto de defender os intereses e as necesidades máis básicas dos veciños e veciñas desta cidade«.
O BNG cre que «xa basta de que nesta cidade o Estado e as grandes empresas fagan o que consideran oportuno e conten para isto coa colaboración dos gobernos municipais. Por que do mesmo modo que o Ministerio de Defensa non aboa os tributos que lle corresponden pola ocupación dunha parte substancial dos terreos que ten no Concello de Ferrol, agora atopámonos con que se pretende que os terreos que carecen de uso portuario, que non teñen interese para a Autoridade Portuaria no canto de reverter de maneira gratuíta nos veciños e veciñas desta cidade para que poidan facer uso das súas propiedades, que non son da administración estatal, se nos vai cobrar ou máis ben se nos deixará de deber 0,7 millóns anuais por eles, unha cantidade substancial, son millóns e millóns de euros, pola súa transmisión á propiedade municipal«.
O BNG considera que o goberno local «toma por parvos e parvas aos veciños e veciñas desta cidade e debería reflexionar pola maneira en que fai as cousas. Porque se pensa que o feito de que lle condoe as débedas que a Autoridade Portuaria ten coa administración local, que ademais lle exima do pago dos tributos locais en anos sucesivos é pensar que eses terreos se transmiten de maneira gratuíta igual é que o alcalde da cidade considera que estamos na nova normalidade pero a normalidade que tiñamos antes de normal non tiña nada«.
«Nada muda neste acordo«, según o BNG, xa que «os usos deses terreos seguirán sendo os mesmos e o único que cambia é que a Autoridade Portuaria non pagará o IBI de características especias polo peirao exterior«.