O Bloque Nacionalista Galego pídelle ao goberno local que adopte medidas extraordinarias para que ningunha familia fique sen as axudas de comedor e escolarización do Concello de Ferrol por non ter podido entregar a documentación nos prazos estabelecidos pola saturación do rexistro municipal a consecuencia das restriccións existentes pola situación derivada da covid-19.
Desde o BNG lembran que dada as «situacións complicadas e cambiantes día a día da forma de entrada para a entrega de documentos no rexistro xeral do Concello de Ferrol, durante os días de apertura do prazo para as axudas de comedor e escolarización do Concello de Ferrol, puido ter quedado algunha familia sen poder entregar a documentación e nestas circustancias deberianse adoptar medidas extraordinarias«.
A situación foi tal que levaba implícito que moitas familias estiveran moitas horas agardando a espera da entrega da documentación, o que tamén provoca que moitas familias non pudieran esperar a xornada polo seu horario laboral. «Poden ser varias as familias afectadas e demandamos que se abra un novo prazo ou se admitan aquelas que aindan poidan entrar nestes días«, afirman dende o BNG.
Aínda que desde o Concello dábase, tamén, a posibilidade de que esta entrega fora no rexistro da Xunta, «hai que lembrar que neste tamén había que pedir cita e a opción de Correos supón que as familias debían pagar case 6 euros para que faga efectiva o rexistro da documentación, o que implica que algunas familias teñan que pagar do seu bolsillo esa non posibilidade de poder entregarla no Concello«.
É por iso que desde o BNG pídenlle ao goberno local que «sexa consciente desta situación e atenda a adopción de medidas extraordinárias para non deixar a ningunha familia que o precise fóra destas axudas«.