O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol quere denunciar «unha vez máis o cinismo tributario do actual goberno local que pretende compensar a falta de ingresos deste Concello mediante a imposición de multas e sancións aos seus veciños e veciñas«.
Así se desprende do último informe económico trimestral correspondente ao primeiro trimestre do ano 2020, «onde se constata que dos 850.000€ previstos de ingresos por multas ao longo de todo o ano Ferrol ten xa recadado 590.000€ o que supón o 70% destes ingresos só nos tres primeiros meses do ano«.
Esta situación contrasta co feito de que por parte da administración estatal, nestes tres primeiros meses, «non temos recibido nin un só euro das transferencias previstas para a totalidade deste ano 2020 e neste contexto se explica o feito de que pese as reiteradas denuncias do BNG respecto de instalacións como o radar da Malata, a sua deficiente sinalización e o feito de que sancione de maneira diferente en función do percurso que realicen os veiculos que son sancionados por esta instalación o goberno local fixera caso omiso destas circustancias e seguise a tramitar estas sancións que agora lle estan a chegar aos veciños e veciñas de xeito acumulativo«.
Ademais disto, desde o BNG consideran que «deberíamos ter en conta que nesta cidade o servizo de multas esta privatizado e que polo tanto un incremento destas sancións e destas multas supón un incremento nos beneficios da empresa que o xestiona e que ademais nos vindeiros meses se verá incrementado polo feito de que por parte do goberno local se pretende poñer a funcionar o multacar para incidir todavía máis na recadación a través de multas e sancións aos veciños e veciñas desta cidade«.
É por isto que desde o BNG consideran que «en primeiro lugar o goberno local debería facer unha revisión de todas aquelas sancións impostas con anterioridade a nova sinalización que se ten feito do radar da Malata, revisando a súa legalidade e correcta execución antes de tramitalas como está a facer de maneira xenérica«. Por outra parte, «debería centrar os seus esforzos en facer que administracións como o Ministerio de Defensa a Autoridade Portuaria ou empresas como EMAFESA abonen os ingresos que lle adebedan aos veciños e veciñas deste Concello antes que incrementar a presion fiscal e os ingresos por multas dos veciños desta cidade que son os que a día de hoxe están a manter e a soportar a economia desta administración à que outras administracións lle prestan moi pouca atención«.