A veciñanza xa pode pedir a súa futura conexión á rede de saneamento e abastecemento proxectada en Lago, Meirás e Valdoviño

Fot. arch.

O Concello de Valdoviño informou na mañá deste martes de que as obras de ampliación da rede de abastecemento de auga en diferentes puntos da parroquia de Meirás e Valdoviño e a de saneamento en Lago comezarán nos vindeiros días cun orzamento de 162.790 euros.

Con esaprevisión, o alcalde, Alberto González, apuntou que os veciños interesados
en contar con estes servizos xa poden solicitar a súa futura alta en Viaqua. Pode
facerse presencialmente con cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 201 230 ou a través da súa web: www.viaqua.gal.

As obras, que levará a cabo a empresa Excavaciones Saavedra, son:

1. Ampliación da rede de abastecemento de auga en Bacorelle (Valdoviño).
Contémplase a canalización de 790 metros de tubería de polietileno de 90 mm. de diámetro e 10 atm. de presión, coa correspondente valvulería e arquetas de
aloxamento, previa escavación de zanxa, posterior recheo compactado da mesma
e reposición do firme afectado pola execución das obras, semellante ao existente.

2. Abastecemento de auga nas Campeiras (Valdoviño). Como no caso anterior, a
canalización afectará a 190 metros de tubería.

3. Abastecemento de auga a Chamorro (Valdoviño). Como nos casos anteriores,
pero cunha canalización de tubería de 690 metros.

4. Abastecemento de auga en As Lamelas (Meirás). Neste caso, a canalización será de 1.270 metros de tubería en dous tramos de 490 e 780 metros e, a maiores, a execución de 60 metros de cuneta revestida de formigón.

5. Ampliación de abastecemento en Portomaior (Valdoviño). Canalizaranse 60
metros de tubería.

6. Ampliación da rede de abastecemento de auga a Mourente e Penela (Valdoviño). Neste caso, 1.560 metros de tubería en cinco tramos de 500, 80, 480, 100 e 400 metros.

7. Ampliación do abastecemento de auga en Taraza (Meirás). Canalizaranse 160
metros.

8. Ampliación da rede de saneamento en Outeiro (Lago). Canalizaranse tres tramos de 220, 60 e 290 metros, 570 metros en suma, de tubería de PVC de 315 mm. de diámetro e execución de 15 pozos de rexistro en calzada, previa excavación de zanxa, posterior recheo compactado da mesma e reposición do pavimento afectado pola execución das obras. Preténdese así mesmo a pavimentación de dous accesos. O primeiro, con zahorra e formigón e, o segundo, con tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma previa reparación de baches.

9. Ampliación da rede de saneamento na Torre (Lago). Neste caso, as obras contemplan a canalización de 150 metros de tubería de PVC de 315 mm. de diámetro e execución de 5 pozos de rexistro en calzada, previa excavación de zanxa, posterior recheo compactado da mesma e reposición do pavimento afectado pola execución das obras, semellante ao existente.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …