A Xunta notifica que a calificación das augas das praias de Valdoviño é excelente

Playa A Frouxeira-Fot. arch.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, vén de notificar ao Concello de Valdoviño a clasificación sanitaria final da auga das praias para o 2020, que califica de excelente.

O informe alude ás seguintes zonas: Baleo, Campelo, Frouxeira, Meirás, Mourillá, Pantín e Vilarrube.

A clasificación sanitaria final será vixente para a tempada 2020 e, tal e como recolle a normativa, o Concello informará da mesma aos usuarios/as nas inmediacións dos areais.

Lea también

Neda acolle o luns día 2 un obradoiro gratuíto sobre alimentación saudable

Preto de 30 persoas confirmaron inscricións no obradoiro de alimentación saudable que o Concello de …