O Concello de Narón reanuda a contratación de obras na zona urbana e rural orzamentadas en preto dun millón de euros

Concello de Narón reanudou o proceso de contratación de varias obras proxectadas na zona urbana e rural do municipio valoradas, en conxunto en 952.285 euros. “Trátase dun investimento moi importante que nos permitirá dotar de melloras e novos servizos a varios núcleos do termo municipal, continuando na liña de traballo para acondicionar viais, ampliar a rede de saneamento e tamén seguir avanzando en materia de accesibilidade”, explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro.

En canto aos viais, avanzou, procederase a reforzar a rodadura de camiños da zona rural, localizados nas parroquias de Castro, San Xiao, O Val, Pedroso, Sedes, San Mateo e Doso. Trátasde dunha intervención orzamentada en 241.402 euros e que se cofinanciará con cargo ao POS adicional 2019 da Deputación da Coruña. Con cargo a esta mesma actuación tamén se mellorará o acceso á estrada de Cedeira e viais como o de Cerrallón de Abaixo, Río Deza, A Chousa, en Piñeiros e o camiño de Calvario en Santa Icía, na zona urbana do municipio.

A ampliación da rede de saneamento nos lugares de Ferrerías e Prados é outra das actuacións sobre as que se reanuda o proceso de contratación. Neste caso, tal e como indicou Ferreiro, trátase duns traballos que suporán un investimento de 554.236 euros, unha contía, “coa que se procederá a instalar un colector nesa zona para ofrecer o servizo a algo máis de 70 vivendas”, recordou Ferreiro. Noutro lote de obras, e a cargo da empresa Cosma, neste mesmo tramo procederase a instalar a rede de abastecemento, tal e como xa avanzou o Concello, para dotar do servizo a unhas sesenta vivendas localizadas nas inmediacións da estrada DP-5404.

As obras encamiñadas a mellorar a accesibilidade no termo municipal forman tamén parte das que se reanudará o proceso de contratación. Nesta área levaranse a cabo nos vindeiros meses os traballos de mellora de accesibilidade na rúa da Paz, na zona do Alto, e na rúa Mugardos, na Gándara. Estas actuacións suporán un desembolso de 54.449 e 102.198 euros, respectivamente, ás arcas locais.

“En canto remate o proceso de contratación comezarase a execución destas obras, que estarán rematadas antes de finais de ano e que se completarán con outros proxectos que se irán impulsando a través do goberno local”, apuntou a alcaldesa.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …