O BNG celebra a apertura da Praza de Armas máis non asiste ao acto de inauguración

Iván Rivas y María do Mar López en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol congratúlase da apertura ao público da anovada praza de Armas logo da súa reforma, unha obra que o BNG sempre considerou «necesaria para a cidade, que recupera un espazo central da cidade para a xente e agarda que sexa o preludio do necesario impulso para a peonalización completa do barrio da Madalena«.

O BNG celebra que o goberno local mudara as súas previsións iniciais de retrasar a súa apertura até que finalizara o estado de alarma e que «atendendo á presión social e política decidira abrila ao público de xeito imediato, permitindo así ampliar o espazo adicado as peóns na cidade de cara a poder pasear mantendo a distancia de seguridade minima entre persoas«.

Así mesmo o BNG considera que no momento actual, coas restriccións de movimentos, reunións e dereitos que padecen os veciños e veciñas como consecuencia do estado de alarma, non procede asistir ao acto de inauguración encuberta organizado polo goberno municipal. «Cremos que aos cargos públicos tocanos exercer a responsabilidade e dar exemplo polo que non compartimos a visita a praza de Armas prevista para esta tarde. A foto debía ser a dos veciños e veciñas que aproveitando as escasas horas nas que se lles permite sair a pasear ocupan este espazo e non a do alcalde e concelleiras e concelleiros retirando as vallas«.

Lea también

El Grupo Sacramental de Fieles de Ferrol colabora con ADOS en la promoción de las donaciones de sangre

El Grupo Sacramental de Fieles de Ferrol está desarrollando una campaña especial destinada a sensibilizar …