O Concello de Neda convida a nen@s e maiores a compartir as súas lecturas para celebrar o Día das Letras Galegas

Baixo o título “Le en Galego” e a través das redes sociais, o Concello de Neda convida a nenos/as e maiores a celebrar o Día das Letras Galegas 2020, adicado este ano ao filólogo e escritor Ricardo Carvalho Calero.

Para iso, deberán seleccionar as súas lecturas favoritas en galego e gravar un pequeno
vídeo da mesma. Un pasaxe ou poema dun minuto como máximo, enviala por
whatsapp ao teléfono 650 484 521 sinalando obra, nome e apelidos e idade. O prazo
de recepción establécese entre o xoves 14 e o domingo 17 de maio. A partir do
mesmo xoves, o Concello de Neda irá compartindo esas lecturas nas redes sociais
municipais.

Así mesmo, o Concello quere premiar a participación sorteando entre todos e todas
os/as que acheguen os seus vídeos 3 ebooks Kindle con luz frontal. Para iso, a cada
participante se lle asignará un número e o sorteo terá lugar o luns 18 de maio na
casa consistorial en presencia do Secretario Municipal.

Unha vez realizado o sorteo contactarase cos/as gañadores/as para facerlles
entrega do premio na data acordada o día do sorteo e faranse públicos os seus
nomes.

Por último, sinalar que as bases están a consulta na web municipal www.neda.es.

Lea también

La Policía Local de Ares intervino en dos incidencias en la noche del sábado

  En la noche del sábado los efectivos de la Policía Local de Ares han …