A voceira do BNG no concello de Narón responde ás declaracións da alcaldesa sobre mobilidade

Ante as declaracións da alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, sobre un plan de mobilidade, o BNG naronés ha emitido un comunicado no que sae ao paso de ditas declaracións sinalando que precisamente enviaran un escrito ao concello, para o grupo de goberno e oposición, no que sinalaban unha serie de achegas que se esperan póidanse debater na comisión que se celebrará este venres.

No comunicado sinalase que «Onte rexistramos iniciativas e comentamos ao grupo de goberno e oposición para falar dun plan de mobilidade na fase de desescalada. As aglomeracións en determinadas franxas horarias (nomeadamente zona de Freixeiro e O Alto) ten que partir de ceder espazo público ás persoas e gañarlle parte da Estarda de Castela ao tráfico rodado para que a xente o poida facer con seguridade. Estas e outras medidas foron rexistradas onte así como deixar máis espazo tamén para terrazas e negocios locais.

As declaracións da alcaldesa

Que Narón é unha cidade por ordear é un feito polo que non nos pode sorprender máis as declaracións de que todo está ben por parte da alcaldesa, Marián Ferreiro»

Non se pode afirmar desde o Concello que en Narón os usos do espazo público están perfectos e que todo o mundo ten dispoñibilidade a un km da súa vivenda de dispor de lugares seguros a pasear, a primeira fin de semana de saídas demostrouse no centro que é preciso actuar, algo que levabamos reclamando desde o BNG e que nos levou a non entrar nun pacto de goberno para poder incidir desde a oposición e que o noso traballo fose máis útil para a cidadanía que humildemente queremos representar» declara Olaia Ledo, voceira do BNG de Narón» dicir que por termos parques en puntos concretos da cidade está resolto é non estar na realidade»

«Mentras en Narón haxa unha soa muller que paseando soa pola noite non se sinte segura non podemos estar satisfeitos, o modelo BNG leva funcionando máis de 20 anos e imitable en todo o mundo , é o momento de que Narón tamén avance neste sentido» incide Ledo

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …