O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou unha moción que será debatida no pleno deste xoves co obxecto de que a corporación municipal ferrolá reclame ao goberno do Estado a supresión dos límites de gasto que a Lei de Estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira impuxo ás administracións públicas e que xunto ao compromiso político local de incrementar de forma substancial o gasto público na cidade permita desenvolver un plan de choque para enfrontar as consecuencias derivadas da actual situación de emerxencia.
A cidade de Ferrol «conta cun nivel de endebedamento público reducidísimo que non chega nin ao 20% mentres existen innumerables carencias no concello. Estas circusntancias fan inexcusable que tanto desde o goberno local se considere como prioridade unha política de gasto público expansiva como que desde a administración central se asuma a necesidade de levantar as actuais limitacións de gasto. Si xa antes da actual situación de emerxencia era unha necesidade básica para a cidade adoptar este tipo de criterios, as circunstancias actuais fai máis necesario que nunca a súa implementación«, afirman dende o BNG.
Por este motivos e «porque existen mecanismos políticos e administrativos para poder facelo esta reclamación ao goberno do Estado debe ir acompañada dunha política económica local expansiva no gasto público e que debe ser adoptada ao tempo que se avanza nesta reivindicación da administración local ao goberno do Estado«.
O futuro da cidade debe pasar por «unha decidida aposta polo gasto público a través da prestación de máis e mellores servizos públicos, contratación de persoal e o desenvolvento de investimentos na cidade que permitan xerar emprego e reactivar a economía ao tempo que se insiste ao goberno do estado na necesidade de anular os presupostos da política de austeridade impostos desde 2012 para que deste xeito e sen ningún tipo de limitacións se poidan destinar os recursos dos concellos a políticas activas de emprego, solidariedade e reactivación económica«.
¿ A qué goberno referiranse, ó da Xunta ou ó da nación?. Na foto, so falta Súarez e Férnandez Lemos pra
ter ó circo compreto, bueno é algún sindicalista d vacacions.