Celebrado un pleno extraodinario en Narón para designar aos integrantes das mesas electorais para o 5 de abril

O Concello acolleu este luns, ás 12.00 horas, un pleno extraordinario para designar aos integrantes das corenta e sete mesas electorais que se habilitarán no municipio –presidentes, vogais e dous suplentes de cada cargo- de cara aos comicios autonómicos do vindeiro 5 de abril.

O sorteo realízase mediante un procedemento informático e as persoas seleccionadas recibirán nos vindeiros días unha notificación no seu domicilio.

No caso de non poder acudir será preciso comunicalo e xustificalo ante a Xunta
Electoral de Zona –no Xulgado de Ferrol- nun prazo de sete días hábiles (dende a recepción da comunicación).

Lea también

Odeón activa la 5ª edición de la campaña ‘Re-Fashion’ con el objetivo de recoger ropa usada y donarla al CRS de Narón  

La 1ª planta del Centro Comercial Odeón de Narón, acoge desde este miércoles la campaña …