Os bombeiros de Ferrol realizaron 1.146 intervencións durante o 2019

Fot. arch.

O Corpo de Bombeiros de Ferrol vén de presentar o balance das intervencións prestada durante o ano pasado, que recolle unha relación de 1.146 incidencias referidas á actividade habitual do servizo. Este dato supón unha media de 3,14 saídas diarias.

Por tipo de intervención, en primeiro lugar sitúanse os incendios. En total, os bombeiros atenderon 196, dos que 95 clasificáronse como menores, 52 foron urbanos, 30 rurais, 14 forestais e 5 industriais.

No segundo lugar situáronse os saneamentos e inspeccións, sobre todo de fachadas e cubertas de inmobles, que ascenderon a 148. En canto a retirada de árbores, leváronse a cabo 146, mentres que se realizaron 119 rescates ou atención a persoas e 99 limpezas na rede viaria por diferentes motivos. A igual número se elevaron as inundacións ás que tiveron que acudir, e en 77 ocasións encargáronse de retirar ou fixar obxectos.

Á marxe dos operativos que se repetiron máis veces, na relación figuran, entre outros, aperturas de portas (61), dispositivos preventivos para eventos (39), intervencións por accidentes (30) e atención a animais ou o seu rescate (9).

Consorcio Provincial

A esas 1.146 intervencións que o corpo realizou en Ferrol hai que sumar outro centenar en concellos da área de influencia da cidade. Exactamente foron 108 as saídas correspondentes á prestación do servizo do Consorcio Provincial. Delas, 11 debéronse a incendios en vivendas, 10 a accidentes de tráfico, 9 a retirada de árbores e outras tantas a rescates de persoas.

Velutinas

Os desprazamentos motivados por presenza de avespas velutinas contabilizáronse aparte. Dos 593 avisos que se recibiron no parque de bombeiros, en 239 ocasións os equipos contraincendios eliminaron os niños e en 176 comprobaron que non procedía, por tratarse de construcións de tempadas anteriores.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …