O goberno local supedita a posible firma dun convenio sobre o CHUF a que a Xunta reverta na cidadanía os beneficios que obteña

O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, presidiu a comisión informativa de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos, Obras, Seguridade e Contratación que tivo lugar esta mañá no pazo municipal. O edil deu resposta ás preguntas da oposición, entre elas ao estado no que se atopa a posible firma dun convenio coa Xunta sobre o CHUF.

Neste senso, Reina lembrou que a ampliación do hospital tramitouse a través da Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese e o Concello, a través da concellería de Urbanismo, desbloqueou o proxecto para axilizar o inicio das obras. “Foi unha prioridade absoluta para esta corporación municipal desde o principio do noso mandato dar luz verde ao goberno autonómico para que comezara a ampliación do CHUF”, recalcou o edil. O concelleiro explicou que unha vez iniciados os traballos o goberno local supedita a rúbrica dun posible convenio coa Xunta a que esta reverta na cidadanía os beneficios que obteña do mesmo a través, por exemplo, da participación no financiamento da obra do aparcadoiro que o Concello vai a construír nas inmediacións do centro hospitalario. Esta contribución da Xunta podería servir para dispoñer de máis prazas e habilitar un espazo específico para os traballadores do hospital Naval.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …

Un comentario

  1. Ai o señor Reina, gran experto en obras, urbanismo, e toda esa leria. Igoal que a sua antecesora no
    concello,
    que adicabase a retrasar licenzas, presentar alegacions contra o que lle petaba,etc., e iso co consentimento do alcalde e do seu grupo.

    Polo seu ben e sobre todo polo dos ferrolans, cale a boca e intente resolver outros asuntos se é capaz.