Mañá abre o prazo de inscrición para as rondallas que queiran participar na Festa das Pepitas 2020

(Foto: Galicia Ártabra).

O prazo de inscrición para as rondallas que queiran participar na Festa das Pepitas deste año, que terá lugar o 18 de marzo, ás 20 horas, na Praza de Amboage, abrirá mañá xoves e será de dez días hábiles.

As agrupacións non poderán estar compostas por máis de 25 compoñentes e deberán vestir o traxe tradicional para a festa. Co fin de respectar o timbre característico da cita, as voces deberán estar acompañadas por guitarras, laúdes, mandolinas e bandurras aínda que poderían complementarse con violíns, frautas e acordeóns. Interpretarán obrigatoriamente un pasarrúas, un vals e unha danza que poderán ser obras inéditas ou temas recuperados do antigo Cancioneiro das Pepitas.

Nas normas de participación establécese unha homenaxe as persoas das rondallas con 25 anos ou máis de dedicación á festa e a quen puxeron música e letra ás cancións. As normas para formar parte da celebración declarada de Interese Turístico de Galicia están publicadas no Taboleiro de Anuncios da web do Concello de Ferrol. (https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnuncios)

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …