Máis de 600 persoas integrarán as comparsas que participarán o luns na gala do entroido

Máis de seiscentas persoas formarán parte das comparsas que o próximo luns, 24 de febreiro, a partir das 18.00 desfilarán entre a praza de España e a de Amboage, onde ás 19.30 comezará a gala de entroido. En concreto, son 641 os membros dos grupos, 361 deles adultos e 280 menores de idade. Entre as agrupacións inscritas figuran seis de Ferrol: a da Asociación Sociocultural ASCM, co nome de Os Colludos, composta por 27 adultos e 6 menores; a de Fanpa Ferrolterra Concepción Arenal, As Máis Mellores, con 7 adultos e 9 menores; a de OJE Ferrol, Extrojerrestres, con 15 adultos e 15 menores; a do Colectivo Sociocultural A Revolta, Sétimo Continente, con 43 adultos e 37 menores; a da ANPA Belén, A Monstruosa ANPA Belén, con 26 adultos e 37 menores e a da ANPA do CEIP de Pazos, Entroideiros de Pazos, con 19 adultos e 18 menores.

Do veciño concello de Narón hai apuntadas outras seis comparsas: a de Semente de Trasancos, Semente de Trasancos, con 17 adultos e 9 menores; a da Asociación As Xoaniñas de Chao, A Tribu das Xoaniñas, con 16 adultos e 9 menores; a da Sociedad Cultural Areosa, Os Parrandolos, con 32 adultos e 22 menores; a da Asociación Tróupele Tróupele, Tróupele Tróupele, con 19 adultos e 14 menores; a da Asociación Comparsa Os Argalleiros, Os Argalleiros Trotamundos, con 45 adultos e 10 menores, e a da Asociación Cultural Quenindiole, Cingaranza (Vinde Vindo), con 26 adultos e 16 menores.

De Fene participará a da Asociación Juvenil Paso a Paso, Fantasía Punky Paso a Paso, con 20 adultos e 61 menores; de Valdoviño, a de ACR Os Amigos, Os Trastos, con 19 adultos e 9 menores, e de Neda, a da Asociación Andaina A Canteira do Puntal, Urxencias da Canteira, con 30 adultos e 5 menores.

Lea también

El Grupo Sacramental de Fieles de Ferrol colabora con ADOS en la promoción de las donaciones de sangre

El Grupo Sacramental de Fieles de Ferrol está desarrollando una campaña especial destinada a sensibilizar …