Mañá saen á venda as entradas para o concerto de James Rhodes do 21 de marzo

James Rhodes

As entradas para o concerto do pianista británico James Rhodes, que actuará no Auditorio de Ferrol o 21 de marzo, ás 21 horas, estarán á venda a partir de mañá, venres, a través de Ataquilla.com desde ás 10 horas e no despacho de billetes do Teatro Jofre en horario de atención ao público: de martes a venres de 11.00 a 13.00 h e de 18.00 a 20.00 h.

Ferrol é unha das cidades elixidas polo músico inglés, afincado en Madrid desde 2017, para conmemorar os 250 años do nacemento de Ludwig van Beethoven. Rhodes interpretará nun concerto de 90 minutos tres obras do músico alemán: sonata nº 16 in D major Op. 28, Pastoral; sonata nº 27 in E minor Op. 90, e sonata nº 21 in C Op. 53 Waldstein.

Farao co seu particular estilo, co toque persoal que pon en cada unha das súas actuacións coa intención de desfacer o halo de solemnidade que envolve á música clásica e achegala ao gran público.

Lea también

Más de 1.500 escolares participarán en Ferrol en la celebración del 300 aniversario del Ferrol Ilustrado

Más de 1.500 escolares de la ciudad participarán el próximo viernes 8 de mayo en …