Máis de 300 deportistas participarán en Narón no Campionato Galego Prebenxamín, Benxamín e Alevín de Voleibol

Eva Romero, José Oreona e José Ángel Luna en rolda de prensa | Concello de Narón

O concelleiro de Deportes, José Oreona, a secretaria do Club de Voleibol Narón Volea, Eva Romero e o presidente da Federación Galega de Voleibol, José Ángel Luna, presentaron hoxe no Concello o Campionato Galego Prebenxamín, Benxamín e Alevín de Voleibol que se disputará este sábado, día 15, nos pavillóns municipais da Solaina e Campo da Serra. Máis de trescentos deportistas de medio centenar de clubs de toda Galicia participarán neste evento deportivo, que dará comezo ás 9.30 horas.

O presidente da Federación Galega de Voleibol agradeceu ao Concello de Narón o feito de que “acolla esta fase do campionato galego aquí en Narón” e ao club Narón Volea “ofrecerse a organizala”. Luna explicou que o sábado se disputará a segunda fase do campionato galego Benxamín, organizado por primeira vez neste formato, e Alevín. Ademais o Prebenxamín é o primeiro para o que a Federación Galega organiza competición nesta categoría. “Estamos moi contentos pola acollida deste evento, no que participarán máis de trescentos rapaces e rapazas, o que o convertirá nunha festa do voleibol de base, que para nós é moi importante ter equipos na élite pero sabemos que o fundamental é traballar coa base e cos rapaces e rapazas que son os que nos van garantir que no futuro poidamos continuar tendo voleibol”, recalcou José Ángel Luna.

A secretaria do Club Narón Volea valorou o respaldo do Concello de Narón e da Federación Galega de Voleibol para organizar este campionato.

Finalmente, o concelleiro de Deportes agradeceu o traballo que durante toda a tempada organiza o Narón Volea e tamén a sua implicación na organización deste campionato. Animar á cidadanía a acudir aos pavillóns para poder desfrutar deste evento deportivo e do traballo destes xogadrores e xogadoras de voleibol que serán a élite do futuro.

Lea también

El racinguista Jesús Ruiz es el cuarto portero con más paradas de LALIGA Hypermotion

El guardameta del Racing Club Ferrol fue seleccionado por los aficcionados como jugador Estrella Galicia …