A concelleira de Acción Social de Narón visitou o Centro de Día Terapéutico de Afal Ferrolterra

A concelleira de Acción Social de Narón, CatalinaGarcía, visitou  o Centro de Día Terapéutico de Afal Ferrolterra (rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol). Unha visita na que a edila compartiu por unhas horas o día a día da asociación. O presidente de Afal, Francisco Pantín, xunto ao director de administración, José María Otero, dáballe a benvida para, de seguido, iniciar un percorrido polas diferentes dependencias con parada nas salas de terapias, onde os/as usuarios/as estaban a participar, nese momento, en sesións de ximnasia e estimulación cognitiva lúdica.

Ademais, a concelleira mantiña ao remate da visita unha xuntanza de traballo co
presidente e o director de administración. Nela, abordáronse os proxectos nos que Concello e asociación colaboran, como o programa de sensibilización nos centros escolares ou as terapias de estimulación cognitiva para persoas afectadas que se levan a cabo cada semana no Centro Cívico Social de Piñeiros para os veciños e veciñas de Narón. Neste último caso, a concelleira animou ás familias a adherirse ao programa, con sesións para as persoas afectadas todos os martes e venres de 11 a 13 horas e custe cero. A inscrición pode formalizarse no Servizo Sociocomunitario de Narón (primeiro andar do consistorio) ou en Afal.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …