O Concello elabora o proxecto que optará á subvención para executar programas de emprego dirixidos a mozos

Instante da reunión con María Teresa Deus | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Economía e Emprego, que dirixe María Teresa Deus, está preparando o proxecto co que optará á liña de subvencións e axudas para executar o Programa de Emprego da Xunta para persoas mozas incluídas no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil de Galicia.

Está dirixido a persoas de dezaoito ou máis anos que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente no momento da selección do alumnado. Trátase de planes mixtos de emprego e formación que buscan mellorar a ocupabilidade dos participantes.

Para a elaboración do proxecto que optará á subvención, o Concello conta co apoio e asesoramento de AJE, Tic Ferrolterra e a sección Tic de Cofer. Representantes das tres entidades e a concelleira mantiveron o pasado luns unha reunión no pazo municipal para ultimar os detalles da proposta de Ferrol á subvención da Xunta, na que se solicitará accións formativas en administración e deseño de redes departamentais. Os alumnos —16 como máximo—, obterán capacidades en arquitectura das comunicacións no seu entorno, na súa supervisión, implantación e na proporción da asistencia técnica necesaria.

Os beneficiarios do curso, que inclúe un contrato de traballo para formación e prácticas, obterán o certificado de profesionalidade de nivel 3, válido para todo o territorio español, e o salario mínimo interprofesional durante os 12 meses que dura o programa.

Lea también

La Policía Portuaria de Ferrol celebró este jueves la festividad de su Patrón, el Cristo de los Navegantes

La Policía Portuaria de Ferrol celebró en la mañana de este jueves la festividad de …