O Concello continua coas sesións de contacontos para bebés e nenos desde os tres anos na Biblioteca central

O Concello de Ferrol continua coa programación de sesións de contacontos na Biblioteca central, na Praza de España. Por un lado celebrarase venres alternos, ás 18 horas, A hora do Conto, destinado a nenos desde os 3 anos. A primeira cita é o próximo venres, 7 de febreiro, a cargo de Olga Abad.

Continuarán os días 21 deste mes, 6 e 27 de marzo, 17 de abril e 8 e 29 de maio. Para poder participar hai que inscribirse previamente desde o luns anterior de forma presencial no mostrador do centro o por teléfono. Haberá un máximo de 35 prazas dispoñibles e 5 na lista de espera.

Por outra banda, a Biblioteca celebra tamén venres alternos A hora dos Bebés. Neste caso dividiranse as cita entre as destinadas a bebés de 12 a 24 meses — os días 14 deste mes, 13 de marzo e 24 de abril—, e para pequenos de entre 24 e 36 meses —28 de febreiro, 3 de abril e 15 de maio—. Para participar tamén é necesario inscrición previa. Haberá un máximo de 15 prazas dispoñibles e 5 en lista de espera.

Lea también

Más de 1.500 escolares participarán en Ferrol en la celebración del 300 aniversario del Ferrol Ilustrado

Más de 1.500 escolares de la ciudad participarán el próximo viernes 8 de mayo en …