Moita actividade no Club Sincro Ferrol

Maia Lópe e Xandra Martínez na xornada de tecnificación | Sincro Ferrol

O Club Sincro Ferrol está tendo un inicio de 2020 intenso. Esta fin de semana pasada tivo lugar unha tecnificación galega junior en Vigo coa adestradora Sandra Montes, directora técnica da Fegan. Das ferroláns participaron Maia López e Xandra Martínez.

A maiores o vindeiro sábado 18 na piscina do Complexo Deportivo Javier Gómez Noya en Caranza, terá lugar a 1ª xornada da Copa Promoción, organizada polo Club Sincro Ferrol. Nesta ocasión levarase a cabo a Liga de Figuras das categorías prebenxamín, benxamín e prealevín cun total de 238 nadadoras. As ferroláns participarán con catro nenas prebenxamín, nove benxaminas e oito prealevíns. Levaráse a cabo en xornada de tarde de 16:10 a 19:20 horas.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …