O tramo que enlaza as rúas Galiano e Dolores na Praza de Armas volverá pecharse o luns

Fot. concello

O tramo que enlaza as rúas Galiano e Dolores na Praza de Armas volverá pecharse o próximo luns, 13 de xaneiro, despois de que se abrise o pasado 22 de decembro co obxectivo de facilitar a mobilidade dos veciños durante as festas de Nadal. Unha vez rematados os días festivos, o Concello de Ferrol retoma a medida de seguridade de cara á chegada dos 13 tilos restantes, que terá lugar ao longo da próxima semana, e ás necesidades da obra, que inclúe o uso de maquinaria pesada.

O peche do tramo manterase, en principio, ata a finalización da obra. O prazo previsto inicialmente para o remate da remodelación da praza de Armas era de nove meses, que comezaron a contar ao día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, asinada o pasado 11 de abril, polo que ese período remataba o 12 de xaneiro. Sen embargo, o pasado mércores a Xunta de Goberno Local aprobou a ampliación do prazo de execución en oito semanas despois de que a empresa adxudicataria dos traballos solicitara a finais de decembro, e coa conformidade do director da obra, aumentar o tempo de duración dos traballos. Xustificou esa petición conforme a “tres circunstancias non imputables ao contratista”. A nova data, por tanto, é o próximo 8 de marzo.

A remodelación da praza de Armas é unha operación cofinanciable polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Plurirregional de España 2014-2020 ao abeiro da Estrategia de Desarrollo Urbano Sostenible e Integrado (EDUSI) “Ría de Ferrol, Cidade 2020”.

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …