O Club Atletismo Narón participará na Copa Galicia de clubs en pista cuberta

O Club Atletismo Narón en Anoeta na tempada pasada | Club Atletismo Narón

No día de mañá, sábado 11 de xaneiro, dispútase en Expourense a XVI Copa de Galicia de Clubs en Pista Cuberta, onde estará unha amplia representación do Club Atletismo Narón.

O equipo masculino enfrontaráse os conxuntos da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, Real Club Celta de Vigo, Club Atletismo Santiago, Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, Escola Atlética Lucense, Ourense Atletismo e Club Atletismo Sada.

Por outra parte, nesta tempada están de novo co equipo femenino incrustado entre os oito mellores equipos de Galicia, despois de varios campionatos de clubs afastado dos postos de privilexio. As rapazas terán como rivais o Ría Ferrol Concepción Arenal, Atletismo Femenino Celta, Sociedade Ximnástica de Pontevedra, Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, Escola Atlética Lucense, ADAS O Barco e Club Atletismo Santiago.

O obxectivo é o mesmo en ambas formacións, competir ao mellor nivel posible e sumar os máximos puntos posibles, sempre amosando durante toda a competición ese espírito de equipo que fai que este tipo de competicións sexan tan especiais.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …