O Pavillón Campo da Serra acollerá este sábado o “XII Torneo de Voleibol Cidade de Narón”

Eva Romero e José Oreona na presentación | Concello de Narón

O concelleiro de Deportes, José Oreona, e a secretaria do club Narón Volea, Eva Romero, presentaron esta mañá a duodécima edición do “Torneo de Voleibol Cidade de Narón”. A cita deportiva, na que participarán algo máis de trinta equipos de sete clubs, será a partir das 9.00 horas e ata as 21.00, disputándose os partidos das diferentes categorías de xeito ininterrompido, tal e como indicou Oreona. O edil destacou o traballo que realiza o club naronés e ofreceu a colaboración do Concello para continuar desenvolvendo este tipo de actividades deportivas e promocionar o deporte de base.

O Concello de Narón colabora neste evento deportivo, no que participarán, a maiores do club local, o Narón Volea, os clubs de voleibol Calasancias, Emevé Lugo, Liceo La Paz, Oleiros, Santa María del Mar e Voley Playa Lugo. Haberá categorías prebenxamín, benxamín, infantil e alevín –masculinas e femininas, en función do equipo- e xogarase en tres pistas varias categorías ao mesmo tempo, apuntou Eva Romero. Así mesmo, a última hora, antes da entrega de trofeos haberá unha exhibición a cargo de Tedaga.

Romero destacou a implicación do Concello de Narón co club e amosou a súa confianza en poder organizar o trofeo en vindeiras edicións en dous pavillóns para poder acoller máis xente. No transcurso desta convocatoria, dende o club ofrecerán comida, bebida e froita aos participantes.

Oreona animou ás veciñas e veciños a acudir a este evento deportivo para animar aos clubs participantes, aos que desexou moita sorte para poder gañar este trofeo.

Lea también

Las fachadas del palacio municipal y del teatro Jofre se visten de azul y rosa en apoyo al Baxi Ferrol

Desde este miércoles 26 de marzo hasta 2 de abril las fachadas del palacio municipal …