Mar Delgado, aínda coa rotura do cambio no medio do ciclismo, rematou segunda no Dúatlon Cros de Cerdedo-Cotobade e mantén o seu maillot de líder do circuíto de Outono.
A duatleta do Triatlón Ferrol púxose en cabeza antes de chegar á primeira transición e mantivo o posto ata que, mediados os case 20 km de bici de montaña, rompeu o cambio e foi adiantada pola que se convertería finalmente en gañadora da proba. Polo tanto, aínda coa avaría mecánica, Mar Delgado fixo valer a súa vantaxe e logrou a prata, só 15 segundos por diante da terceira.
Sumando os tempos de Lousame e o deste domingo en Cerdedo-Cotobade, a integrante do Triatlón Ferrol segue a ser a líder do circuíto da especialidade.