O prazo de inscrición para os campamentos municipais de Nadal abre o próximo luns

Cristina Prados e Eva Martínez Montero na visita á ludoteca | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Igualdade e Muller, que dirixe Cristina Prados, xa ten preparado o “Campamento Peque-Educa en Igualdade Nadal”, que se desenvolverá os días 23, 26, 27 e 30 de decembro de 2019 e 2 e 3 de xaneiro de 2020.

O prazo de inscrición abrirase o luns 2 de decembro e remata o 9 de decembro e será requisito imprescindible que os nenos teñan entre 3 e 13 anos e estar empadroados no Concello de Ferrol. As solicitudes poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello de 9 a 14 horas e a adxudicación das prazas farase por rigorosa orde de inscrición.

Haberá dos edicións, unha para a zona urbana, con 50 prazas, e outro para o rural, con 40. O horario ordinario será de 9.30 a 13.30 horas e o ampliado de 8.30 a 14.30 horas.

A listaxe provisional de solicitudes exporase o 12 de decembro no CIM (Centro de Información á Muller) e no Taboleiro de Anuncios da páxina web do Concello. Do 13 ao 19 de decembro, ambos inclusive, abrirase un prazo para reclamacións. Os participantes que non obtiveran praza quedarán en listaxe de agarda. En función das baixas que se produzan os nenos accederán ao campamento seguindo a orde na que figure na listaxe, o que será comunicado por teléfono ou correo electrónico.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …