Ferrol en Común leva ao pleno ordinario de novembro unha demanda veciñal en forma de moción para dotar á Asociación de Veciños e Veciñas de Ultramar dun local acorde as súas necesidades.
As asociacións veciñais son fundamentais no desenvolvemento da vida persoal dentro dun barrio, “son o principal parapeto da acción do goberno, recollendo e canalizando as peticións dos cidadáns en relación á xestión municipal” dicía Jorge Suárez, e dinamizan os barrios a través de numerosas actividades e eventos que organizan dun xeito altruísta e desinteresado.
Canido, Ferrol Vello ou a Magdalena contan con amplos espazos froito dun investimento recente de remodelación de espazos degradados como é o Hospicio ou o Centro Cívico de Ferrol Vello ou a construción dun novo, como no caso de Canido. Pero outras zonas, como Ultramar, non gozan da mesma sorte. Neste barrio, onde viven máis de 5000 habitantes, a Asociación de Veciños/as conta cun local diminuto e en condicións paupérrimas na rúa Nova de Caranza, onde non poden levar a cabo toda a actividade que se da dentro dunha asociación veciñal, “e mesmo tiveron que alugar cos seus propios medios outro espazo para albergar toda a súa actividade” apuntaba Suárez.
No anterior mandato, Ferrol en Común, comprometeuse a dotar á AVV de Ultramar dun local que responda as súas necesidades, iniciando dende o Departamento de Patrimonio o prego para a adquisición de ese local. Polo que “instamos ao goberno actual á recuperación dese expediente de adxudicación e dispor no orzamento de 2020 da cantidade necesaria para levar a cabo esta contratación” dicía o edil Jorge Suárez.
Para rematar, Jorge Suárez, fixo fincapé en que “hai outros barrios que teñen a mesma necesidade como Recimil ou Esteiro, e se nolo piden presentaremos mocións noutros plenos, pois teñen todo o noso apoio”.
Doutra banda, Ferrol en Común presenta unha moción que agardan serva de punto de inflexión «para acadar un cambio de actitude no goberno actual«.
O pasado 15 de xuño os seus votos e os de o BNG fixeron a Ángel Mato alcalde de esta cidade, «cun discurso de investidura apelando ao diálogo permanente«. A día de hoxe, “a situación xa é insostible e cremos que ese diálogo e consenso non se está a dar e o goberno está agochado no búnker sen abrirse a debate sobre cuestións trascendentais para a cidade” explicaba Suárez.
Cabe recordar, que Ferrol en Común e PSOE tiñan un acordo de goberno para crear sinerxias de diálogo para a creación de emprego ou para un urbanismo máis transparente, entre outros, e que non estanse a cumprir “como foi o caso do CESENA, o alcalde actuou pola súa conta sen ter en conta ao resto de grupos” dicía o edil, “ata que atendeu a nosa petición de declaración institucional”; ou noutros aspectos como é a asignación dos FSE “preocúpannos seriamente, xa que EDUSI ou Espazo Atlántico precisan da participación cidadá para a súa asignación” comentaba Suárez, e polo momento non deuse ningún avance.
«Levamos 5 meses instando ao goberno de Mato a que a comunicación sexa aberta e fluída, que as notas de prensa se envíen ao resto de grupos da oposición xa que parece que existe un secretismo de estado acerca do que se quere comunicar e tamén existe dificultade para acceder aos expedientes do concello«, polo tanto “deben utilizarse as xuntas de voceiros e comisións para tratar os asuntos que lle interesan á cidadanía” dicía Suárez, “e cumprir a promesa electoral que tanto PSOE como FeC levábamos no programa que é a modificación da ordenanza de participación cidadá máis acorde coas necesidades da cidadanía” apuntaba Jorge Suárez.
Unha vez máis, creen que «aínda están a tempo de rectificar«, recordando que «teñen por diante a elaboración dos orzamentos 2020 na que prometeron dar un avance na primeira semana de novembro, logo na última semana do mesmo mes e polo momento non temos nada«, pero “agardamos que conten coa participación dos grupos municipais dunha forma real, se non van ter difícil obter o apoio” dicía o edil, “instamos tamén a que o resto de temas como o saneamento ou o plan xeral, que non se debateron, exista participación e comunicación co resto de grupos, xa que se non van ter moi difícil poder sacar adiante asuntos que preocupan a toda a veciñanza” remataba Jorge Suárez.
Por último, FeC presenta unha moción en apoio ao pobo de Bolivia, «que está a sufrir un golpe de estado á súa democracia e o seu goberno lexítimo de Evo Morales«.
Este señor ya ha perdido la poca vergüenza que le quedaba: Que se dote de un local social a ultramar, que yo no tuve tiempo en cuatro años… que se presenten ya los presupuestos, como hacía yo cuando era alcalde… que se apoye a Evo Morales, que se ha escapado cuando lo han pillado falsificando los resultados electorales.
¿En serio, Jorge?