Os edís de Festas e Cultura, Natalia Hermida e Guillermo Sánchez Fojo, respectivamente, presentaron na mañádeste martes os actos do programa conmemorativo do 23 de novembro, Día de Narón. A festividade local celebrarase un ano máis na Praza 23 de novembro, nas inmediacións do pavillón Campo da Serra con diferentes actividades programadas dende o Concello. “Convidamos a todas as veciñas e veciños a acompañarnos para celebrar xuntos esta festividade”, indicou a edil de Festas.
A xornada festiva comezará, tal e como apuntou Hermida, a partir das 13.00 horas, cunha mostra de traballo en vivo do alumnado do Obradoiro de Instrumentos tradicionais do Padroado da Cultura, que baixo unhas pequeñas carpas instaladas para a ocasión, amosarán –ata as 14.30 horas- parte do traballo que realizan neste obradoiro durante o curso.
A música tamén cobrará protagonismo no Día de Narón, e tamén entre as 13.00 e as 14.30 horas actuarán os Grupos de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón, que amenizarán a convocatoria festiva que inclúe tamén un apartado gastronómico.
Entre as 13.00 e as 15.00 horas e tamén pola tarde, de 17.30 a 20.00 horas, estará a pleno rendemento a filloeira de Lestedo, dende donde se ofrecerán filloas de balde –cociñaranse aproximadamente 1.200 por hora- ás persoas que se acheguen ata a Praza 23 de novembro.
Así mesmo, pola tarde, de 17.00 a 18.00 horas terá lugar unha actuación dirixida a público infantil, “A gramola gominola” e dende as 17.00 ata as 20.00 horas continuarán as mostras e traballo en vivo do alumnado do Obradoiro de instrumentos tradicionais do Padroado da Cultura.
A programación conmemorativa do Día de Narón inclúe ademáis un acto no Pazo da Cultura, presidido pola alcaldesa, Marián Ferreiro, e donde ás 18.00 horas terá lugar a entrega dos premios do “XI Concurso de Pintura Cidade de Narón”, que gañou a malagueña Blanca María Álvarez Sánchez.
“Esta programación enmárcase dentro dunha semana con máis propostas, como a XXXI Gala do Deporte, donde un ano máis se premiará aos deportistas máis destacados nas diferentes especialidades e ao Mellor Deportista do Ano, e as II Xornadas do Marisco da Ría que se desenvolverán de xoves a domingo”, apuntou Natalia Hermida.
A edil agradeceu a participación do alumnado do Obradoiro de construción de instrumentos tradicionais do Padroado que participará nesta convocatoria e, finalmente, convidou novamente á veciñanza a acudir aos actos do Día de Narón. Esta festividade, recordou, conmemórase dende hai xa vinte e seis anos, día que, no ano 1837 se rexistrou a primeira acta do Concello, que se localizou na parroquia de San Xiao