Unha vez finalizada a temporada de Copas do Mundo e Series Mundiais, Miriam Casillas ten confirmada a súa praza nos Xogos Olímpicos de Toquio porque rematará 2019 como a mellor española dentro do top-30 mundial.
É matematicamente imposible que a clasificación se mova nos primeiros postos polo que a internacional do Triatlón Ferrol finalizará o ano como 26ª do ranking olímpico, despois de ser sétima e segunda nas últimas Copas do Mundo da temporada.
“Las últimas carreras me las he pasado viendo quién se inscribía y calculadora en mano para decidir si seguía compitiendo o no porque la clasificación no dependía solo de mí”, relata unha sacrificada Miriam Casillas, que apostou todo a clasificarse con antelación para non chegar esgotada á cita olímpica, como lle sucedeu en Río en 2016.