Ferrol en Común visita a pasarela peonil do barrio de Santa Mariña

Visita ás obras da pasarela | Ferrol en Común

Na tarde de onte, Ferrol en Común fixo unha visita, xunto coa Asociación Veciñal de Santa Mariña, á pasarela peonil que conecta os barrios do Ensanche A e Santa Mariña e atópase en construción despois de ser adxudicada no mes de abril polo anterior goberno local de FeC por un importe preto aos 670.000€.

Esta pasarela foi un proxecto fundamental polo que pulou o goberno de FeC dende o seu inicio de mandato, cando ía a contar coa cofinanciación de ADIF ao 50%, «pero o compromiso político da ex ministra Ana Pastor quedou en nada, e se optou por acometer o proxecto con fondos propios sendo conscientes de que unha nova pasarela cosería dous barrios que estaban illados pola fractura da vía do tren e melloraría a calidade de vida da xente«, sinalan dende Ferrol en Común.

Ferrol en Común puido constatar na visita de onte, a nova pasarela avanza favorablemente «e implica un cambio radical na mellora da mobilidade e accesibilidade da zona«, dando servizo a preto de 2000 veciños e veciñas.

Na visita puideron constatar «a ledicia da veciñanza«, xa que despois de case 10 anos e 3 corporacións municipais, Ferrol en Común «deu resposta no seu mandato a unha demanda veciñal que, agora sí, é unha realidade que achega dous barrios e mellora o día a día dos veciños e veciñas«.

Celebran tamén que, «non sabemos se por intención ou por casualidade, a pasarela peonil de Santa Mariña entre na axenda do actual goberno local e agardamos que non sexa vítima, coma tantas outras cousas, do revisionismo que rodea ao novo goberno«.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …