Julio Barros, senador ferrolán na anterior lexislatura e candidato ás próximas eleccións xerais de este domingo 10 de novembro polo PSOE para a provincia da Coruña, defendeu hoxe que “o progreso en dereitos e benestar decídese entre todos, votando o 10N para que ninguén rentabilice a abstención nin se aproveite da súa propia actitude obstruccionista”.
“Os partidos de dereita e ultradereita fixeron todo o posible para impedir un goberno do PSOE tras as eleccións do 28 de abril, a pesar de que non había ningunha outra alternativa de goberno que non fora a liderada por Pedro Sánchez”, remarcou.
Barros denunciou que, sen embargo, o “cacareado patriotismo do trío de Colón non foi máis que un freo para España” porque “impediu que a día de hoxe o Goberno puidera estar traballando para mellorar as políticas de vivenda, para derobar a reforma laboral ou lexislando en favor do dereito a unha morte digna”.
O candidato ao Senado pola provincia da Coruña alertou de que “está claro que as dereitas van bloquear calquer posible goberno progresista” e que, ante isto, a “única opción razoable e eficaz para avanzar en dereitos e benestar é a de votar o 10N a favor do Partido Socialista”.
Defende a subida do salario mínimo, a revalorización das pensións ou a ampliación do permiso de paternidade
“A folla de servizos do PSOE non últimos 17 meses é a subida do salario mínimo, a revalorización de pensións ao IPC, a recuperación da prestación de desemprego a maiores de 52 anos, a ampliación dos permisos de paternidade a 8 semanas ou a cotización na seguridade social das cuidadoras de familiares dependentes”, defendeu Julio Barros.
Esas medidas, entre outras, «amosan que se pode gobernar para a maioría, pero iso só o pode facer o PSOE se obtén un forte respaldo cidadán o 10N«. “Noutro caso volverían as políticas de recortes en servizos como educación ou sanidade, precariedade e merma de libertades como as padecidas nos últimos sete anos de goberno da dereita”, lamentou Julio Barros.