Emprego amplía o prazo de inscrición para o curso de manipulación de alimentos e xestión de alérxenos

Centro de Emprego | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Emprego, que dirixe María Teresa Deus, amplía ata o 5 de novembro o prazo de inscrición para o curso Manipulador de alimentos e xestión de alérxenos, que se impartirá no Centro de Emprego no mes de novembro. Dita formación conta con dúas edicións e aínda hai prazas libres na segunda, para 20 persoas. A área municipal considera esta formación “moi relevante” tendo en conta a proximidade da época de Nadal e das potenciais contratacións nos sectores de hostalería, comercio e alimentación así como a necesidade das persoas traballadoras nestes sectores de contar cos coñecementos básicos na manipulación de alimentos e hixiene alimentaria.

Por outra banda, a concellería que dirixe Deus mantén aberto o prazo de inscrición para o curso Prevención de riscos laborais no sector do metal, que se impartirá tamén en novembro tendo en conta as demandas da industria naval en canto á prevención de riscos laborais das persoas traballadoras neste sector. Os participantes dispoñerán da formación necesaria en prevención no sector do metal para desempeñar as súas funcións e ferramentas de coñecemento preventivo nos métodos de traballo. O curso ofrece 20 prazas e constará de 76 horas de duración, en horario de mañá, 5 horas ao día.

Estes cursos están destinados a persoas en situación de desemprego inscritas no Servizo Publico de Emprego de Galicia, e terán preferencia as empadroadas no Concello de Ferrol. En caso de vacantes, terán prioridade as persoas que residan en concellos que formen parte da Mancomunidade Concellos da Comarca de Ferrol.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol ou a través da solicitude electrónica na sede do cidadán de www.ferrol.gal acompañada da seguinte documentación: modelo de solicitude de inscrición, copia do DNI, certificado de padrón para as persoas non empadroadas en Ferrol, copia do título de formación máxima acreditable, e copia do currículum vitae.

Requisitos e entrevistas

As persoas candidatas serán convocadas telefonicamente a unha entrevista, na que se valorará a capacidade para poder realizar esta formación e o interese e motivación por traballar nos sectores relacionados con esta. En caso de empate nas puntuacións, resolverase atendendo ao criterio de rigoroso orde de entrada da solicitude de inscrición no Rexistro Xeral do Concello.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …