Os equipos feminino e masculino do Triatlón Ferrol mediranse en 2020 en Segunda División

O Triatlón Ferrol masculino co ouro en supersprinte | Triatlón Ferrol

Finalizou a Liga Iberdrola de Primeira División coa penúltima posición do Triatlón Ferrol, confirmando o descenso de categoría ao ter esta temporada un equipo cheo de cadetes.

Pola súa banda, o conxunto masculino departamental arrasou nas probas Open tanto do campionato de España superesprinte como no campionato de España de relevos por parellas. No nacional superespinte, o Triatlón Ferrol colou catro triatletas no top-10 da final e, nos relevos por parellas, a cada remuda se agrandaba máis a vantaxe cos perseguidores, cruzando a meta con case minuto e media de marxe con respecto aos segundos.

Desta forma, o equipo formado por Marcos Ruiz, Iván Puentes, François Vie, Alejandro Rodríguez, David Campos e Jorge Morado promete posibilidades de lograr a permanencia en Segunda en 2020, despois do ascenso logrado en xuño.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …