A alcaldesa de Narón visitou aos participantes no obradoiro de Estimulación Cognitiva en Piñeiros

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Benestar Social, Catalina García, desprazáronse na mañá deste venres ao Centro Cívico Social de Piñeros para visitar aos participantes no obradoiro de Estimulación Cognitiva en Estadios iniciais para persoas afectadas de alzhéimer ou outras demencias. Alí estiveron acompañadas polo presidente de AFAL Ferrolterra, Francisco Pantín, a directora asistencial, Noelia Ríos, e o director de administración, José María Otero.

Catro persoas participan dende o pasado mes de setembro nos citados obradoiros, nos que se ofrece, tal e como se recordou dende a entidade, “un abordaxe integral a persoas diagnosticadas de deterioro cognitivo leve ou en fases iniciais de alzhéimer, con grupos reducidos de persoas homoxéneas para ofrecer unha intervención individualizada próxima ao entorno social e familiar da persoa”. Así mesmo, a través desta iniciativa, ofrécese apoio psicosocial aos familiares das usuarias e usuarios con asesoramento individual e reunións grupais de apoio.

A alcaldesa e o presidente de AFAL valoraron o traballo que se está realizando dende a entidade, coa que o Concello mantén dende hai anos un convenio de colaboración a través do que se organizan, entre outras actividades, os obradoiros de Estimulación cognitiva. Trátase de sesións que se ofrecen por primeiro ano de balde –en virtude ao convenio co Concello- e para as que as persoas interesadas poden inscribirse nas oficinas de AFAL, no baixo da ría Río Castro 43-45 (Ferrol), chamando ao número de teléfono 981 370 692 ou a través do Servizo Sociocomunitario de Narón, no primeiro andar do Consistorio. As sesións celébranse os martes e venres, con periodicidade semanal, entre as 11.00 e as 13.00 horas.

Pantín agradeceu a colaboración prestada dende o Concello naronés á entidade, unha colaboración que Marián Ferreiro se comprometeu a manter para continuar ofrecendo este servizo aos veciños e veciñas da cidad

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …