O alcalde animou aos alumnos do Carballo Calero a continuar cos seus “pequenos pero grandes” proxectos

Ángel Mato e Ana Lamas co alumnado do IES Carballo Calero | Concello de Ferrol

Un grupo de alumnos do IES Carballo Calero que participan na First Lego League, acompañados da súa profesora de tecnoloxía e da directora do centro, visitaron esta mañá o pazo municipal para presentarlles ao alcalde,
Ángel Mato, e á concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas, algúns dos seus proxectos e interesarse polo funcionamento do Concello.

Foron recibidos no salón de plenos, onde o rexedor, compartiu reflexionou con eles sobre as implicacións que a robótica terá nun futuro moi próximo e a importancia de que “sendo tan novos” se familiaricen con estes sistemas. “Enfrontádesmos a moitos retos”, díxolles Mato para sinalarlles que moitos deles terán que ver con que sexan capaces de buscar solucións “a través da innovación”. Por iso, animounos a traballar arreo nos “pequenos pero grandes proxectos” que están a desenvolver coa axuda dos seus profesores.

O alcalde aseguroulles que para el “é moi importante” que o visite xente nova, porque soe recibir, dixo, a persoas “máis maiores”, con diferentes perspectivas, e considera imprescindible ter en conta as ideas dos máis novos. De feito, os rapaces fixéronlle varias preguntas acerca dos proxectos que ten o goberno local en diferentes materias, como a medioambiental. Ángel Mato aseguroulles que tamén á hora de abordar este tipo de “problemas serios” desde un concello “se pode traballar”, sobre todo para “facer cidades mellores”.

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …