O Concello de Ferrol, a través da concellería de Benestar Social, que dirixe Eva Martínez Montero, iniciou esta mañá o ciclo de charlas informativas ás persoas usuarias dos comedores sénior sobre a enfermidade diabetes tipo 2 a cargo da Asociación de Diabéticos Ferrolterra.
Trátase dunha iniciativa dentro do programa de actividades promovidas pola concellería con motivo da celebración do Día das Persoas Maiores, que se conmemorou o pasado 1 de outubro e que, este ano como novidade, prolóngase durante todo o mes.
Baixo o título Diabetes Tipo 2 ¿Que como?, José Manuel García, presidente da asociación, e Fabiola Canosa, a secretaria, explicaron hoxe aos usuarios do comedor sénior da rúa Río Xubia todos os detalles sobre unha enfermidade cuxa incidencia “aumenta co paso dos anos”, dixo a concelleira no inicio da charla. Eva Martínez considerou que estes encontros darán resposta “ás inquietudes de moitos de nosos maiores que sofren diabetes”. Unha das prioridades, dixo, “deste equipo de goberno é, con actuacións como esta, mellorar a calidade das persoas de máis idade de nosa cidade”. Os asistentes recibiron material sobre a enfermidade, receitas para Nadal e consellos para interpretar os azucres das etiquetaxes, entre outros.
A charla impartirase tamén nos outros catro comedores sénior do Concello. O día 17 os técnicos da asociación estarán no de Canido, o luns 21 en Caranza, o xoves 24 en Esteiro e, por último, o día 28 a charla impartirase no comedor de San Pablo.
Que bueno que haya esta información actualizada y que haya bastante gente interesada en ayudar con esta clase de problemas. Esto ayuda bastante junto con los otros artículos que uno pueda encontrar, cuanta mas información uno pueda tener mas posibilidades tiene. Para los que buscan también buenos artículos, espero les ayude este que me he encontrado http://snip.ly/f3iou0