O Concello de Ferrol continúa no seu empeño en acercarse aos maiores da cidade e por elo prosigue coas charlas informativas que a concellería de Benestar Social, que dirixe Eva Martínez, puxo en marcha o pasado mes para informar da recente campaña de acompañamento e teleasistencia do Concello en colaboración con Cruz Vermella Independencia + Tranquilidade.
A próxima será o mércores, 16 de outubro, ás 19 horas, no local social de San Xoán, despois de que a primeira se celebrara no barrio de Caranza. Ao encontro, no que se explicarán todos os detalles da iniciativa, acudirán a concelleira responsable do área e técnicos da ONG.
Co obxectivo de chegar a máis maiores e aproveitar tódolos recursos dos que dispón o Concello, o departamento de Benestar Social puxo en marcha esta campaña porque, como explicou Eva Martínez, “a ninguén se lle escapa que vivimos nunha sociedade envellecida” e “garantir a dignidade dos veciños con maior vulnerabilidade é unha das nosas prioridades”. Foi o alcalde, Ángel Mato, acompañado pola concelleira, o vicepresidente da Asemblea Provincial da Cruz Vermella, Andrés Ríos, e a coordinadora provincial, Carmen Reigía, quen derion a coñecer unha campaña que inclúe, por unha banda, o servicio de teleasistencia en colaboración coa ONG, e, por outra, a prestación de acompañamento a persoas maiores a través da oficina de voluntariado do Concello de Ferrol. As persoas interesadas nestes servizos poden solicitar información no Edificio Social.