O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol trasladou esta mañá ao goberno municipal o malestar provocado pola orde municipal de cobrar às entidades culturais pola utilización dos espazos culturais do concello e esixiu unha rectificación inmediata desta medida.
O BNG considera unha política errónea a decisión do goberno municipal de aplicarlle as asociacións, nomeadamente às culturais, as tarifas contempladas na ordenanza municipal para eventos privados sen ter en conta que as actividades que promove o tecido asociativo local fanse abertas ao público e sen ànimo de lucro.
O BNG considera que as actividades das asociacións da cidade quedan exentas de ter que pagar taxa algunha tal e como ven reflectido nas exencións contempladas na normativa municipal e que é unicamente o novo criterio político do goberno de Angel Mato o que impon estas taxas as asociacións, impedindo en moitos casos o desenvolvimento das actividades do movimento cultural de base da cidade.
O BNG lembra que nomedamente este feito, unido às demoras do goberno local por tomar decisións sobre a xestión e cesión destes espazos, estan a provocar cancelacións e graves prexuicios en entidades da cidade que teñen que suspender a súa programación ou non poden desenvolver novas iniciativas.